ConcellosQuirogaÚltima hora

Gran ambiente no magosto de Quiroga con castañas asadas, viño novo e animación musical

 

Quiroga era outra das localidades que celebraba por todo a alto a festividade de San Martiño na xornada do venres 11 de novembro. Os actos comezaban pola mañá cos actos relixiosos; e xa pola tarde na praza Maior, cuberta parcialmente por unha carpa, houbo xogos infantís e o tradicional magosto popular, con centos de quilos de castañas e viño novo, ademais de baile amenizado polo dúo Eclipse e o grupo de gaitas O Recanto.

 

 

Coma sempre eran moitos os veciños que se achegaban ata o lugar, para pasar un bo rato e de paso degustar as suculentas castañas recén asadas. Entre eles non faltaron membros da corporación municipal, coma sempre co alcalde á cabeza.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button