ConcellosO BoloÚltima hora

Gran desprendemento de rochas na OU-533, pasando Cambela (O Bolo)

 

Arredor das oito desta tarde producíase un gran desprendemento de rochas na estrada OU-533 entre As Ermitas e Cambela, no municipio do Bolo. Afortunadamente, non se producían danos persoais, pero si resultaba afectaba unha parte da vía.

Arestora a estrada non está cortada ao tránsito de vehículos, pero a circulación está sendo regulada pola Garda Garda Civil de Tráfico. Ata o lugar tamén se desprazaban efectivos do GES da Veiga.

Fotos: O SIL.

 

 

Vídeo cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button