ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Gran oferta de produtos de “excelencia” na feira do Eixo Atlántico, na praza do Concello do Barco

O salón multisectorial conta con 20 casetas coa exposición e venda de 24 produtores procedentes de Valdeorras, Terras de Trives, A Coruña, Lugo, Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo, Vilaflor

 

Dende as once da mañá deste sábado 2 de setembro e durante toda a fin de semana, a praza do Concello do Barco de Valdeorras acolle a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, organizada polo Concello do Barco coa colaboración do Eixo, co obxectivo de promocionar aos pequenos produtores do rural galego e do norte de Portugal que elaboran produtos tradicionais de alta calidade.

En total son 20 as casetas nas que 24 produtores e artesáns procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor (en Portugal); e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e Terras de Trives (en Galicia), expoñen e venden os seus produtos.

 

A concelleira de Turismo do Barco, Albra Rodríguez, na inauguración da feira.

 

Entre a oferta presente na feira hai queixo, mel, aceite, licores e embutidos de Galicia, de alta calidade e elaborados de forma tradicional en municipios do noroeste peninsular ubicados principalmente no rural: Miel O Tío Miguel, Licores Barbudos, Bicas Manzaneda, Embutidos García Marcos, Cuchillos Castro, Artesanía Enxebre de Valdeorras, Queixos Cumbres de Trevinca,… Entre os produtos dispoñibles na feira hai tamén postres típicos portugueses como os bolos, a torta de Viana ou os pasteis de nata. Ademais, na zona de degustación, os visitantes poden probar diferentes produtos, entre eles o caldo verde, o sandes de polo e porco e as moelas, pratos típicos pratos portugueses.

 

 

Malia que nun principio a ubicación ía ser a praia fluvial do Malecón como en anteriores edicións, a previsión de chuvia que finalmente se cumpría obrigaba ao Concello a cambiala para a praza do Concello, onde tiña lugar a inauguración por parte da concelleira de Turismo, Alba Rodríguez e do alcalde do Barco, Alfredo García, quenes daban a benvida aos asistentes, tanto produtores como público que xa dende boa mañá se animaban a mercar.

Na súa intervención, o acalde do Barco destacou o “traballo e bo facer” dos protagonistas da feira, os produtores, ratificando as palabras da concelleira sobre a implicación do Concello “nun proxecto transfronteirizo con Portugal para promover aos produtores, agricultores e gandeiros que fan o seu traballo para poñer ao servizo dos consumidores uns produtos de excelencia, a única forma que hai para loitar contra o despoboamento rural”, dixo Alfredo García.

 

 

O horario da feira é de 11 a 14 e de 17 a 21 horas e inclúe actividades musicais e lúdicas. Hoxe pola tarde, de 17 a 20 horas haberá un obradoiro de torno de barro cos artesáns de “Ceniza de Papel”; e mañá no mesmo horario outro de ensamblaxe de mini carros de madeira a cargo de  “Artesanía Enxebre de Valdeorras”.

Ademais, hoxe ás 20 horas a enóloga Cecilia Fernández dirixirá unha cata maridada con degustación de produtos do Eixo Atlántico. No apartado musical está prevista actuación no recinto do grupo Iker Piris & His Dual Electras, mañá ás 13 horas.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button