CulturaEducaciónÚltima hora

Tráfico forma en seguridade vial ao alumnado do I.E.S Lagoa de Antela en Xinzo

A Agrupación de Tráfico da Guardia Civil de Ourense rexistrou, este ano, un total de 876 conductores que deron positivo nos controis de drogas nas estadas da provincia

Un total de 130 alumnos de 4º da E.S.O, F.P e Bacharelato do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia recibiron dúas charlas educativas por parte da Dirección Xeral de Tráfico e da Guarida Civil de Tráfico xa que moitos deles son xa condutores ou están a punto de selo.

A primeira versou sobre os requisitos que se precisan para a obtención dos distintos permisos e licenzas de conducir, e tamén sobre as campañas informativas que se están a levar a cabo pola DGT (chalecos e tractores). Esta primeira relatorio correu a cargo do xefe provincial de Tráfico, David Llorente Rey.

A segunda relatorio correu a cargo do teniente do Destacamento de Tráfico de Verín, Juan Carlos Nogueiras, que informou aos mozos dos problemas aos que se poden enfrontar se conducen tras inxerir alcohol acompañado de drogas.

Tras rematar a parte teórica, o alumnado puido comprobar como se utilizan os diferentes trebellos cos que a Guardia Civil de Tráfico traballa para a medición do alcohol en sangue e en aire aspirado, así como para a presenza de drogas no organismo.

Controis disuasorios en Nadal

Sen saír do eido do alcohol e as drogas, a Agrupación de Tráfico da Guardia Civil de Ourense recordaron que neste ano que está a piques de rematar realizáronse un total de 2.277 probas de drogas a condutores. Deste total, 876 resultaron ser positivas. Dende o Instituto Armado recordan que este compendio de probas corresponde a condutores que “deron negativo en alcoholemia”.

O cannabis resultou ser a droga máis detectada entre os resultados positivos, seguida da cocaína, aínda que resaltan que tamén se rexistran importantes positivos en anfetaminas e opiáceos e incluso salientan que moitos condutores deron positivo en máis dunha substancia na mesma proba.

En canto ás horas nas que se realizaron devanditas probas, dende a Tráfico aseguran que foron en horario nocturno e diúrno, “coa fin de que os controis foran disuasorios de inxestión de bebidas alcohólicas e ou drogas”.

Tendo en conta todo isto, dende a Guardia Civil queren lembrar que durante o Nadal, os axentes seguirán intensificando os controis nas rede de estradas principal e secundarias da provincia xa que durante as festas co obxectivo, recalcan, de disuadir á xente para que non conduza logo de consumir alcohol durante a cea.

Dende o destacamento de Tráfico recordan tamén que a sanción por conducir con drogas no organismo carrexa sancións de 1.000 euros e 6 puntos menos no carné. Por outra banda, conducir baixo os efectos do alcohol implica unha sanción de 500 euros e a perda de 6 puntos, puidendo incluso constituír un delito, dependendo da sintomatoloxía o se o condutor se vira implicado nalgún sinistro, en cuxo caso as penas aumentarían.

Artigos relacionados

Back to top button