EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Homenaxe ao ciclista Sergio Calvo e brinde con viño da D.O. Valdeorras, no campo Vicente Solarat da Rúa

Os actos tiñan lugar intres antes do "derbi do viño" entre CD Rúa e CD Barco

 

Moi especial era o amigable disputado na tarde deste domingo 13 de agosto no campo de fútbol Vicente Solarat da Rúa. Un partido incluído no programa da VIII Baco Festa que mesturaba deporte, viño e unha homenaxe.

Diante dun bo número de afeccionados, malia o calor, e intres antes de comezar o “derbi do viño” ante o CD Barco de Preferente, o CD Rúa rendía hoxe homenaxe ao ciclista Segio Calvo e tamén brindaba con viños da D.O. Valdeorras.

 

 

Natural da Rúa e membro activo do Eolo-Kometa Cycling Team (da Fundación Alberto Contador), o júnior Sergio Calvo Bembibre leva vencellado ao mundo do ciclismo dende os 12 anos e só neste 2023 ten logrado grandes metas como o Campionato Galego de Ruta, a Volta a Girona ou os subcampionatos de Chelle Campos ou a Volta ao Barbanza, entre outros moitos. Pola súa traxectoria, polo su labor deportivo e por levar o nome da Rúa por probas de gran nivel tanto nacional como internacional, dende o CD Rúa facíanlle un recoñecemento público entregándolle unha camiseta do club rues, para que forme parte da “marea amarela”.

 

Sergio coa camiseta do CD Rúa.

 

E xa coa súa camiseta amarela, Sergio compartía cos xogadores, ábitro e técnicos de ámbolos dous equipos, un brinde cun Valdeorras. No acto estaba presente o presidente do C.R.D.O. Valdeorras, o rues José Ramón Rodríguez Castellanos e o concelleiro membro do equipo de Goberno rues, Avelino Fernández, ademais dos membros da directiva e corpo técnico do Rúa, Luis María e Javier Ferrer, como anfitrións.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button