CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe da Fundación Belarmino Fernández a Luís Caramés, en Sober

Esta entidade destaca que a súa figura foi fundamental para a Fundación, que a situou como lugar de referencia na Ribeira Sacra

Un dos momentos da homenaxe.

 

Esta mañá a Fundación Belarmino Fernández Iglesias rendía unha homenaxe póstuma ao seu antigo presidente, Luís Caramés Viéitez, falecido a principios do pasado mes de xuño. O presidente de honra da Fundación, Belarmino Fernández Mazorra, destacaba a figura de Caramés, polo seu incansable traballo na continuación da visión do fundador, “o que permitiu que tanto a Fundación como a Escola sexan dous lugares de referencia na Ribeira Sacra, como dinamizadores da vida económica, social, cultural e do coñecemento”.

No acto tamén se contaba cos presenza dos seus familiares, Francisco Conde López, vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e amigos, entre eles, Ramón Villares.

Desde a Fundación Belarmino Fernández Iglesias resaltan o compromiso de seguir traballando nos proxectos que Caramés encamiñou e fortalecer así o seu legado.

Artigos relacionados

Back to top button