OurenseÚltima hora

Homenaxe en Lobios a 3 pilotos falecidos en labores de extinción de incendios, un deles en Pena Trevinca

 

Esta mañá celebrábase no municipio de Lobios un acto de homenaxe aos profesionais que deron a súa vida na defensa do medio ambiente, organizado pola Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia -APRAFOGA. “É unha homenaxe a todas aquelas persoas que deron a súa vida na defensa do patrimonio natural e, en especial, a todos aqueles que loitaron na extinción dos incendios forestais”, en palabras desta entidade.

 

 

Así no decurso do acto descubríase unha placa cos nomes dos tres últimos pilotos de aeronaves falecidos. Dous perdían a vida na Serra do Xurés no ano 2020, cando se estrelou un hidroavión foca na serra de Santa Eufemia, e o terceiro falaceu este pasado ano, 2022, mentres pilotaba un avión de carga en terra na zona de Pena Trevinca. Os tres homenaxeados son Jorge Manuel Santana Jardim (Portugal), Maximiliano Plaza Bretón (Salamanca) e Santiago Durán Alzugaray (Sevilla).

 

 

Neste acto participaban o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez; o representante da Cámara municipal de Ponte da Barca en Portugal, Augusto Mariño; o presidente de APRAFOGA, Félix Pérez de la Fuente; e os familiares dos pilotos homenaxeados consistiu nunha ofrenda floral e a inauguración de unha placa e escultura realizada polo escultor Antonio Mouteiro, como homenaxe a Jorge Manuel Santana, Maximiliano Plaza e Santiago Durán.

O subdelegado do Goberno amosou o seu apoio e máximas condolencias e palabra de respeto aos familiares, compañeiros e amigos das vítimas presentes no acto e fixo unha chamada a tódala cidadanía ourensá para “concienciar e preservar o noso medio natural entre todos e todas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button