CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Homenaxe en Lubián a Alejandro Rodríguez Cadarso, antigo reitor da USC, na curva onde perdía a vida en 1933

 

Vindo de regreso a Galicia, tras participar nunha sesión das Cortes como deputado, o médico Alejandro Rodríguez Cadarso, daquela reitor da Universidade de Santiago, falecía nun accidente de tráfico na antiga Nacional 525, no concello de Lubián, en terras zamoranas pero lindando con Galicia. Era un 15 de decembro de 1933. Coincidindo co 90 aniversario daquel tráxico suceso, o pasado 167 de decembro, tiña lugar un acto público de lembranza a súa figura na mesma curva onde Rodríguez Cadarso perdía a vida.

 

 

Nel procedíase a inaugurar un monolito dedicado a Rodríguez Cadarso, nun acto organizado polo Concello de Lubián e pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os asistentes ao acto estaban o alcalde de Lubián, Felipe Lubián, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz, e o historiador valdeorrés Ricardo Gurriarán, entre outras persoas.

“Cadarso foi a modernidade, foi a tolerancia e foi a mudanza universitaria en moi pouco tempo. Foi un home que conectou cando foi reitor e foi capaz de enviar a algúns dos seus alumnos as universidades de Lyon e da Sorbona”, dicía Gurriarán, que tamén abordaba a súa faciana política, destacando que foi dúas veces deputado no Congreso “era un home liberal e tolerante”.

Fotos: José Rodríguez Cruz.

Artigos relacionados

Back to top button