CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe póstuma a Aida Menéndez, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra

O albergue de peregrinos de O Saviñao que na súa honra levará dende hoxe o seu nome

 

Xornada de homenaxe á que fora presidente da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, a ourensá Aida Menéndez, falecida recentemente. Esta mañá tiña lugar unha misa na igrexa do Colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos na súa memoria.

O acto contaba coa asistencia do presidente da Xunta Alfonso Rueda, así como do alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal, do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; do vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, e do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, entre outras autoridades, familiares e amigos de Aida e veciños de Monforte.

Ademais tributábaselle unha homenaxe no albergue de peregrinos do Saviñao. Alfonso Rueda, agradeceu o traballo a prol do Camiño de Santiago que realizan de forma altruísta cada día moitas persoas e que contribúe ao gran éxito da Ruta Xacobea. “Sen as asociacións de persoas que desinteresadamente e voluntariamente fan promoción ao Camiño, as administracións e a Xunta de Galicia non iríamos a ningún sitio”, salientou o mandatario galego na homenaxe á Aida Menéndez no albergue de peregrinos de O Saviñao que na súa honra levará dende hoxe o nome de Aida Menéndez, veciña de Monforte.

 

 

O presidente destacou o esforzo e o traballo de Aida na recuperación e difusión do Camiño de Inverno, unha das dez rutas oficiais entre as que poden elixir os peregrinos cara Santiago. Durante o acto, Rueda remarcou algúns dos rasgos diferenciadores deste camiño, como que é a única ruta que atravesa as catro provincias galegas e que segue o curso natural do río Sil.

“Este é o primeiro albergue dos moitos que ten que impulsar a Xunta de Galicia neste Camiño de Inverno, porque vai seguir medrando, sen ningunha dúbida”, subliñou o titular do Goberno galego ao referirse aos datos rexistrados dos peregrinos que camiñaron ata Compostela no que vai de ano. No 2016 disparouse o número de camiñantes que elixiron a ruta de Inverno, pasando dos 287 aos 1.600 no 2022.

A homenaxeada, que faceleu o pasado 27 de xullo, foi concelleira de Cultura en Monforte e presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, realizando un intenso labor de estudo sobre a historia e o itinerario desta ruta de inverno. Ademais, colaborou co grupo de historiadores e investigadores que redactou o proxecto de recuperación deste trazado do Camiño.

 

Artigos relacionados

Back to top button