ConcellosO BarcoÚltima hora

“Hora silenciosa”, nas Festas do Cristo do Barco

 

Este ano porase marcha a iniciativa “A hora silenciosa” nas Festas do Cristo do Barco. Consiste en eliminar todo o ruído posible (música, megafonía etc.)/ etc.) en atraccións festivas e postos para que as persoas con problemas de tolerancia aos ruídos poidan gozar da festa.

O silencio deberá ser respectado entre os días 13 e 18 de setembro, de sete a oito da tarde. Esta decisión do Concello do Barco está a ser comunicada aos responsables das atraccións e dos postos que se instalen para estas festas, que en todos os casos mostraron unha boa acollida a “hora silenciosa”.

Artigos relacionados

Back to top button