O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) estrea campaña e, nun mes como este, faino da maneira máis festiva posible. Así na tarde do vindeiro 24 de agosto terá lugar a I Festa O Barco Aberto, unha iniciativa coa que pretende dar máis protagonismo a aqueles asociados que participan de forma máis indirecta naquelas outros campañas que se realizan ao longo do ano.
Tres serán os contidos principais da actividade. Por unha banda, estará o apartado musical coa actuación da charanga CLK, ademais sairán ás rúas robots luminosos de gran tamaño a partir das 20h. na praza Maior do Barco e tamén sortearase unha viaxe de tres días en autocaravana a calquera punto da península entre os clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados ao CCA entre o 12 e o 23 de agosto.
O sorteo da devandita viaxe realizarase na mesma praza Maior ás 22:00 horas aproximadamente e será obrigatorio que o cliente premiado estea alí nese momento para recoller o premio.

