Ultímanse os preparativos para o que será o I Magosto Interparroquial de Manzaneda, que está programado para o día 4 de novembro a partir das 6 da tarde na explanada do pavillon de Manzaneda. As parroquias participantes nesta iniciativa son todas as que leva o Padre Carlos e van desde Mormentelos (Vilariño de Conso) ata Trives pasando por Raigada, Borruga, Langullo, Manzaneda, San Martin e Sobrado.
Os participantes nesta magosto poderán degustar un menú composto por chourizos, panceta, bica e castañas. Este menú estará acompañado de viño, refrescos, café e licores como bebidas. Ademais, haberá colchonetas para os nenos, e música e baile a cargo do Dj Cabra. O prezo das entradas é de 12 euros para os adultos e de 7 euros para os nenos menores de 15 anos.
Así mesmo, haberá unha proxección a cargo do Padre Carlos para “dar a coñecer o labor da Igrexa na nosa sociedade”. As entradas ao magosto xa están a venta nos establecementos de Manzaneda ou poñéndose en contacto co Padre Carlos.