
O sábado 24 de agosto celebrarase o I Memorial Luis Nogueira de fútbol no campo de O Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras.
Será en forma de triangular como un dos amigables de pretempada do CD Córgomo Vilamartín que tamén disputarán o Toralense e Berciano.
Os partidos comezarán ás seis da tarde e terán unha duración de 45 minutos. Berciano-Toralense ás 18 horas; Córgomo-Toralense ás 19 horas; e Córgomo Berciano ás 20 horas.