CulturaCulturaÚltima hora

I Xornada Micolóxica Ríomola, o 14 de outubro

Incluirá unha charla de iniciación, unha saída ao monte e unha sesión para clasificar os exemplares localizados

 

O vindeiro 14 de outubro desenvolverase en San Xoán de Río a I Xornada Micolóxica Ríomola. O seu programa comezará ás 10h. cunha charla de iniciación á micoloxía que se impartirá no Bar Cruceiro. “Varios expertos de Os Cogordos de Ourense farán unha breve explicación da xornada que se vai levar a cabo e darán nocións mínimas básicas para calquera persoa que queira iniciarse na micoloxía”, sinalan dende a Asociacióin Ríomola.

Despois haberá unha saída ao monte, guiada por micólogos, na procura de cogomelos. Os asistentes organizaranse en grupos de 15 persoas. “Ao ser grupos pequenos búscase facer unha xornada máis dinámica e conseguir que cada persoa teña unha atención por parte dos expertos personalizada que mellore a súa aprendizaxe. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para o monte e ir provistos de cesta e navalla”, matizan dende Ríomola.

Ademais pola tarde, ás 16h. na praza Pedro Fernández (en caso de chuvia será no Centro Social), haberá unha nova charla xunto coa clasificación dos exemplares recollidos no campo coa participación dos micólogos de Os Cogordos. Asemade darán diversos consellos prácticos para diferenciar cogomelos comestibles dos que non o son, resolvendo tamén as dúbidas dos participantes.

As persoas interesadas en asistir a esta xornada poderán inscribirse de xeito gratuíto ata o mércores 11 de outubro a través do correo electrónico asociacionculturalriomola@gmail.com ou por chamada ou whatsapp no número 627780891.

Esta actividade micolóxica será organizada pola Asociación Ríomola en colaboración coa Xuntanza de Micólogos Os Cogordos de Ourense, co Club Montaña de Trives e co Concello de San Xoán de Río.

 

Artigos relacionados

Back to top button