
O próximo 13 de decembro terán lugar en Monterrei as ‘I Xornadas de Historia e Literatura da vila de Monterrei’ do Centro Asociado á UNED Ourense, coa colaboración do Consello Regulador da D.O. Monterrei. Impartirase no Hospital da Trinidade da Acrópole de Verín.
Esta iniciativa “abordará a relación entre historia e literatura nas súas múltiples facetas, e contará coa participación de docentes como Isaac Alonso Estraviz ou María Teresa Moure Pereiro, o poeta e narrador Alfredo Conde, entre outros. Esta xornada desenvolverase nas instalacións do Hospital da Trinidade (Monterrei), e consta de cinco horas lectivas.
Así, a partir das 16:30h. o vicedecano da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, fará unha presentación dos resultados do proxecto A Cerca-Muro de Bubal. A continuación o profesor Isaac Alonso Estraviz falará do Pasado, presente e futuro da lingua. O terceiro dos ponentes será o escritor Alfredo Conde que reflexionará sobre a Visión novelada da historia.
O programa completarase coa intervención da filóloga e doutora en linguística Teresa Moure, que dará a súa visión sobre as “Mulleres como esquecidas, apagadas e silenciadas na historia”.
A inscripción nas xornadas aínda é posible na web da UNED de Ourense: https://extension.uned.es/actividad/21222