
Tras o éxito da súa primeira edición, estanse a ultimar os preparativos da II Festa de Outono de Cerdeira (San Xoán de Río). Esta cita está programada para o vindeiro sábado 12 de outubro a partir das 14:00 horas. Incluirá un xantar popular, moita música e ata regueifas.
“Teremos un menú de 15 € con empanada, carne ao caldeiro, viño, bica, café e licores. Existe a opción de menú infantil por 5€”, adiantan dende a organización.
Na sobremesa chegará o momento mais esperado, xa que con Xurxo Souto (líder dos Diplomáticos de Monte Alto) ao mando, contarase coas actuacións xa confimadas de Pinto D’Herbón, Xairo D’Herbón, Ari de Cerdeira, Miguel Veluso, Marinha Maseda, Manolo Maseda, Uxía Cribeiro, Vítor Mordecán, Sofía de Labañou, David do Outeiro, Sofía Garota e moitas sorpresas máis.
Esta celebración será organizada pola Asociación Cultural Santa María Madalena de Cerdeira e colaboran RíoMola e o Concello de San Xoán de Río.