A GudiñaConcellosÚltima hora

“II Fornada de Vrau” no Forno do Cabo da Aldea (A Gudiña), o 8 de xullo

A iniciativa está promovida pola Asociación Os Torgueiros

 

Aprender e compartir os saberes tradicionais e os seus sabores é unha das propostas para este verán da Asociación Os Torgueiros da Gudiña. O vindeiro 8 de xullo ás 17h. organizarán unha “Fornada de Vrau” no Forno do Cabo da Aldea.

Deste xeito queren a amosar e facer partícipes aos asistentes de como fai o pan en comunidade, xuntándose nunha fornada comunal que celebrará a súa segunda edición, tras o éxito da organizada no ano 2022.

Dende asociación anímase a acudir e a “aprender a facer pan e boliños preñados! Se traedes o voso recheo podedes facer empanada, e mesmo aproveitar o forno roxado para meter un asado”. Para poder participar nesta actividade haberá que facer unha aportación de 7 euros, no caso de ser socio, e 10 euros para os non socios.

Artigos relacionados

Back to top button