DeportesÚltima hora

II triangular de veteranos de fútbol mañá 5 de agosto ás seis da tarde no Aguillón

C.D. Rúa, Ponferrada e ADC Pantón bateranse sobre o céspede no marco das Festas da Rúa
Os veteranos do C.D. Rúa coa Copa que gañaban en xuño. /Foto: Mónica G. Bellver.

A Rúa está en festas e non todo é música e comilonas. No programa tamén hai oco para o deporte e dunha parte encárganse os veteranos do C.D. Rúa que organizan o II triangular das festas a disputarse a partires das 18 h. no campo Novo Aguillón.

Sobre o céspede veranse as caras e pelexarán polo trofeo os xogadores do Rúa, os do Ponferrada e os do Pantón. No primeiro partido xogarán os dous equipos visitantes; de seguido (19h.) o perdedor xogará contra o Rúa; rematando a competición (20h.) co partido entre o C.D. Rúa e o vencedor do primeiro choque.

Ademais do xogo co que farán pasar un bo rato aos afeccionados, no marco do triangular os veteranos do C.D. Rúa renderanlle unha homenaxe a Luciano, ex xogador do conxunto rues. Tamén sortearán un xamón donado por Gaseosas Roca.

 

Cartel do triangular de veteranos da Festas da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button