A RúaConcellosÚltima hora

Iluminación, charlas e proxeccións para conmemorar o 25N na Rúa

O Concello presenta un programa de actividades co obxectivo de "lograr que A Rúa sexa un concello libre de violencias machistas"

Casa do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello da Rúa vén de facer público o seu programa en conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Erradicación das Violencias Machistas, que inclúe actividades dirixidas ás distintas franxas de idade e ten como principal obxectivo a formación e concienciación sobre as distintas formas que adquire a violencia sobre as mulleres nos diferentes ámbitos da vida para “lograr que A Rúa sexa un Concello libre de violencias machistas”.

Así, o luns 20 de novembro iluminararse de violeta distintos espazos públicos para visibilizar a actualidade dunha problemática que atinxe ao conxunto da sociedade e o Concello publicará ao longo de toda a semana datos relacionados coa situación de desigualdade das mulleres na sociedade.

Con respecto á programación en si, comezarán o venres 24 de novembro coa proxección do documental e obradoiro posterior Patriarcado: el organismo nocivo no C.C. Avenida ás 19 horas. A entrada será de balde e a historia xira en torno a 4 mulleres poderosas, cunha capacidade de reflexión máis grande que as súas propias historias. “A súa sorprendente mirada e reflexións sobfre a violencia machista, desde a forza, sen victimización nen paternalismo. O documental transcorre poñendo luz sobre cuestións aínda en penumbra, para desaprender, coa neceisdade de nos recoñecer nas demais persoas”.

 

 

O sábado 25 de novembro ás 12h. presentación Con-fluencias no C.C. Avenida; e ás 19:30h. proxecctarase no CCA o filme Volver a empezar (Herself). Entrada de balde.

O luns 27 de novembro, de 8:30 a 17 horas haberá charlas informativas para a mocidade sobre “Agresións sexuais e violencia sexual” no IES Cosme López e Colexio Diocesano Pablo VI; e para o martes día 28 está prevista unha interesante xornada informativa sobre “Endometriose: A epidemia oculta” impartida pola Asociación QuerENDO. Será ás 17:30 horas na Aula Multiusos (2º Andar da Casa do Concello).

Artigos relacionados

Back to top button