EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Inaugúrase en Castrelo de Miño a adega Casar de Vide, do empresario Carlos Moro

 

Aínda que leva elaborando viños na Denominación de Orixe Ribeiro desde 2017 con CM Viña Tenencia, é agora cando o adegueiro e empresario Carlos Moro inaugura Casar de Vide, a súa adega de Castrelo de Miño. O acto institucional, celebrado esta tarde, contaba coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, entre outras autoridades como o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos.

En palabras do empresario e adegueiro, “tras anos de reacondicionamiento e melloras para dotalo da máis avanzada tecnoloxía enolóxica, podemos por fin abrirvos a porta de nosa Casar de Vide, a casa da vide, a nosa casa e tamén a vosa.”

A adega, situada a escasos metros do río Miño, foi renovada por completo, implementando nova maquinaria como un conxunto de intercambiador de frío, sistemas de dixitalización e maquinaria de alta tecnoloxía para os seus procesos de elaboración e no ámbito da produción, a transformación e a comercialización.

De igual maneira, mellorouse a eficiencia enerxética da adega e instalaron sistemas de produción e almacenamento de enerxía fotovoltaica, xa que a sustentabilidade é un dos piares da compañía. Reducir o seu consumo enerxético, contribuír á redución das emisións acorde aos criterios da ONU e ser máis respectuosos co medio ambiente é un dos seus principais obxectivos.

Desde a súa adquisición en 2019, Adega Casar de Vide gañou presenza no mercado grazas ás súas cualitativas elaboracións seguindo métodos de elaboración de alta tecnoloxía unidas á forma tradicional desta denominación de recoñecemento internacional.

Unha adega, destaca Alfonso Rueda, que “contribúe a que este ano a vendima estea acadando cifras históricas, xa que nestas semanas alcanzáronse preto de 76 millóns de quilos de uva o que a converte nunha das colleitas máis abundantes da historia de Galicia”. Así, concretaba que na DO Ribeiro, a máis antiga de Galicia, recolleron 11,4 millóns de quilos no que vai de campaña, fronte aos 10 que se viñan rexistrando de medio nos últimos anos. A este respecto, o presidente da Xunta agradeceu o labor de todos os viticultores e adegueiros por facer que a marca Galicia Calidade siga acompañando á comunidade e apostar polo rural para xerar riqueza.

“Esta adega é o testemuño do compromiso da compañía coa calidade e a innovación na produción de viños excepcionais, como son Casar de Vide e CM Viña Tenencia, os dous viños que elaboramos”, destacan dende a adega.

Artigos relacionados

Back to top button