EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Inaugúrase Hotel Malecón, no Barco

Numerosas persoas percorrían as súas instalacións na tarde do 23 de xaneiro

A localidade do Barco conta cun novo establecemento de hostalaría. Hotel Malecón, situado na céntrica rúa Pescadores número 3 da vila e moi preto do Malecón, inaugurábase na tarde do 23 de xaneiro cunha notable asistencia de persoas, entre elas estaba o persoal que traballou na obra deste hotel, así como a familia dos propietarios, os irmáns Mariñas.

O público percorría as súas instalacións e visitaba as habitacións, un total de 14 (unha delas adaptada para persoas con discapacidade) distribuídas en dúas zonas. Cada unha dela dispón de espazos amplos, con moita luz e cunha coidada e acolledora decoración, na que se recurre á lousa mobiliario e tamén nos números de cada habituación. O hotel conta ademais cun novidoso servizo de auto check-in.

Deste xeito, O Barco suma un novo aloxamento de calidade e incrementa o seu número de prazas hoteleiras con estas novas 22 camas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
www.maleconhotels.es

 

Artigos relacionados

Back to top button