ConcellosÚltima hora

Incendio en Chaguazoso (Vilariño de Conso)

 

Continúan os lumes no oriente ourensán neste outono. Desta volta no municipio de Vilariño de Conso. En concreto é na parroquia de Chaguazoso onde se iniciaba un incendio forestal ás 22:35 h. de onte, vernes 6 de outubro, polo que leva ardendo toda a noite.

O lume quedaba estabilizado ás 20:04 h. do sábado 7 de outubro. Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural afecta unhas 65 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 5 axentes, 28 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 1 avión.

Tamén se rexistraba na pasada noite do venres outro incendio forestal en Valdeorras, en concreto no municipio da Veiga.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button