ConcellosÚltima hora

O incendio de Viana do Bolo queima unhas 361 hectáreas

Quedaba estabilizado ás 21:00 h. do domingo, tal e como informa a Consellería do Medio Rural

Na tarde do 25 de setembro quedaba extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Tabazoa de Umoso. Este lume quedaba estabilizado na noite do 24 de setembro ás 21h.

O incendio comezaba na noitiña do sábado e ten afectado, segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, a unha superficie dunhas 361,56 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 13 axentes, 46 brigadas, 20 motobombas, 4 pas, 11 avións e 17 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button