Mantense activo arestora o incendio forestal que se iniciaba ás 21:51h de onte na parroquia de Grixoa, no concello de Viana do Bolo, tal e como informa a Consellería do Medio Rural. Nas labores de extinción deste lume, que afecta a unha superficie unhas 80 hectáreas, veñen traballando 1 técnico, 7 axentes, 24 brigadas, 16 motobombas, 2 pas e 4 helicópteros.
O incendio “evoluciona favorablemente cara á súa estabilización”, segundo indica a Consellería do Medio Rural.