ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Incendio forestal en Marcelle (Monforte de Lemos)

Un avión de carga en terra sufría un rebentón nunha roda mentres participaba nos labores de extinción

Incendio en Marcelle (Monforte de Lemos)./ Foto: Brif Laza.

 

Ás 13:53h. deste mediodía iniciábase un incendio forestal no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle. O lume quedou estabilizado ás 19,28 h. desta tarde. Segundo novas estimacións afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

Doutra banda, xa está reparado o avión de carga en terra que sufrira un rebentón nunha roda mentres se dispoñía a respostar auga na base de Doade, durante as tarefas de extinción, tal e como informa Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button