Ás 17:15h. desta tarde de 16 de agosto iniciábase un incendio forestal en Xagoaza (O Barco). No lugar están a traballar arestora nos labores de extinción 3 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 1 técnicoe 1 helicóptero, segundo informa a Consellería do Medio Rural.
O lume está controlado dende as 19:19h. e afecta a unha superficie de 1,25 hectáreas, segundo a estimación provisional da Consellería do Medio Rural.
En canto se teñan máis datos ampliarase información.
Fotos: O SIL, agás as dúas primeiras da galería que son cedidas.
