
Neste Xoves Santo rexistrábase un incendio forestal no límite entre Valdeorras e a veciña provincia de León. En concreto, segundo fai público Brif Tabuyo na súa conta de twitter, era en Fonte da Cova. O incendio, segundo as primeiras informacións, presentaba cinco puntos de lume.
O fume do incendio podíase ver esta tarde dende zonas valdeorresas como é o caso de Vilanova (O Barco).



