En portadaÚltima horaVídeos

Activo un incendio forestal en Rubiá

 

Ás 15:28h. desta tarde iniciábase un incendio forestal na parroquia de Rubiá, que arestora continúa activo. Segundo as primeiras estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta agora mesmo a unha superficie dunhas 5 hectáreas.

Para traballar nas labores de extinción foron mobilizados 9 axentes, 11 obrigadas, 6 motobombas, 2 pas, 1 técnico, 2 técnicos de apoio, 1 tractor, 3 Unidades Técnicas de Apoio (UTAs), 9 avións e 6 helicópteros, segundo Medio Rural. Nestes momentos é o único incendio activo na provincia.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button