A RúaConcellosÚltima hora

Incendio na Rúa á beira da N-120, no lugar do accidente de tráfico deste mediodía

 

Contra as cinco desta tarde iniciábase un incendio á beira da N-120 ao seu paso pola Rúa, no km 465, no lugar onde está mañá se producía un accidente de tráfico no que resultaba falecida unha persoa.

Neste punto estaban, entre outros efectivos, os bombeiros do parque comarcal traballando para sofocar as lapas, e a Garda Civil de Tráfico. Na extinción do incendio, xa apagado, tamén participaban 2 axentes, 1 brigada e 1 motobomba da Consellería do Medio Rural.

 

Back to top button