Os avaliadores enviados pola UNESCO, Catherine Posthumus (Holanda) e Mikko Kiuttu (Finlandia) trasladábanse onte ata o territorio do Xeoparque Montañas do Courel para preparar os informes para que esta entidade revalide a distinción do Xeoparque mundial. Os representantes da UNESCO foron recibidos polo presidente do Xeoparque e concelleiro de Cultura de Ribas de Sil, Roberto Castro, e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera.
Recentemente chegados os avaliadores mantiñan unha reunión de traballo co staff do Xeoparque na que se facía unha presentación xeral do territorio, da xestión do Xeoparque e das obras realizadas para abordar as recomendacións de 2022 para a reválida. Algunhas das recomendacións recibidas no Xeoporque correspondíanse coa mellora sinalización do Xeoparque nas entradas ao territorio, adaptación do Logo Xeoparque as novas normas UNESCO, incorporación na estratexia do xeoparque do cambio climático e os megaincendios, emprego de idiomas nos paneis de interpretación e material divulgación do xeoparque, mellora da estructura de xestión do Xeoparque (contratación xeocientífico), fortalecemento da estructura de financiamento do xeoparque, e proxectos educativos.
O intenso programa de visitas nestes tres días, comezaba esta mañá coa visita o Museo Xeolóxico e Museo Etnógráfico de Quiroga, tamén visitarán o Centro Interpretación da Minería Aurífera Romana, o Centro de Interpretación do río Sil, Montefurado, a ruta dos miradoiros en Ribas de Sil, a Aldea Paleozoica da Seara, a Fervenza de Vieiros, a Aldea Paleozoica de Seceda, o Castro da Torre, a Oficina turismo de Folgoso do Courel, o Miradoiro de Alto do Boi, o Miradoiro de Campodola e o proxecto educativo do CEIP de Quiroga.
Esta noite ofreceralles en Quiroga unha cea con representantes institucionais e co tecido asociativo do Xeoparque. A visita dos avaliadores rematará cunha festa de despedida na Praia Fluvial de San Clodio con música local e para o que está convocada a poboación do Xeopraque para un gran acto de despedida a partir das nove e media da noite.
Fotos: Concello de Quiroga.