CulturaCulturaÚltima hora

Inma López e Xosé Ramón Pena reciben o Premio Antón Losada

A cerimoña de entrega celebrarase mañá sábado, 10 de xuño, no Pazo dos Losada en Moldes
A Escola de Gaitas de Boborás poralle música ao acto.

A escritora Inma López Silva e o investigador Xosé Ramón Pena recollerán mañá sábado, 10 de xuño, os premios Antón Losada Diéguez na súa XXXII edición. O acto será presentado polo xornalista carballiñés Xosé Manoel Rodríguez e desenvolverase, como é tradicional, no pazo dos Losada en Moldes, ás doce do mediodía, pero antes terá lugar a misa na igrexa, que será cantada pola Coral Polifónica do Casino do Carballiño. Asemade, actuará, ao remate do acto e durante o recorrido dende a igrexa ao pazo, a Banda Escola de Gaitas do Carballiño.

Diversas autoridades confirmaron a súa asistencia. Así, ademáis dos alcaldes do Carballiño e Boborás, así como do coordenador de Cultura da Deputación, institucións promotoras do premio, estarán o secretario xeral de Cultura e a xefa territorial de Educación e Cultura, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button