ConcellosQuirogaÚltima hora

Insignia de Ouro do Concello de Quiroga para Manuel Villanueva, director xeral de Contidos de Mediaset

 

Manuel Villanueva de Castro, director Xeral de Contidos de Mediaset, recibía esta mañá no salón de actos da Casa Consistorial de Quiroga, a Insignia de Ouro deste Concello con pergamiño acreditativo.
O alcalde de Quiroga en funcións, Julio Álvarez, fíxolle entrega deste recoñecemento tras a firma de Manuel Villanueva no libro de ouro do Concello.

Villanueva de Castro tivo palabras de agradecemento para Quiroga e os quirogueses. “Quiroga e vos formades parte do meu mapa sentimental e non faltei nunca á nosa cita anual, da que non houbo nin haberá pandemia que o impida. En poucos sitios me sinto tan a gusto como nesta terra de vontade. Levarei esta ilustre distinción que me concede a Corporación municipal, con orgullo e con honra, alá onde vaia direi que este é o símbolo dunha poboación xenerosa e hospitalaria, merecedora de todalas cousas boas”.

Como remate deste acto solemne pero sinxelo, Julio Álvarez, agradecía a Villanueva todo o que sempre fixo por Quiroga. “É unha mínima expresión do que sempre fixeches por Quiroga, con ese interese polo evento máis importante que ten o municipio, a Feira do Viño, tanto cos pregoeiros como coa proxección que se fai desde todas as canles de Mediaset”.

Artigos relacionados

Back to top button