CulturaCulturaÚltima hora

Quiroga porá en marcha o proxecto “Biblioteca na Rúa”

Foto: Concello de Quiroga.

 

Quiroga contará cun novo servizo de lecer para todos os veciños, trátase do proxecto Biblioteca na Rúa. Este servizo, xa en marcha nalgúns concellos, consiste nun habitáculo que contén libros para que os poidan usar todos os usuarios e tamén para que quen o desexe, poida depositar os seus libros para que os lean os demais veciños.

O alcalde de Quiroga Julio Álvarez, matizou que se contará con dous destes habitáculos. A súa colocación está aínda por determinar polo Equipo de Goberno, aínda que un deles podería situarse na zona do parque da Constitución por ser unha das zonas máis utilizadas para o descanso polos veciños.

Con esta iniciativa Quiroga, en palabras de Julio Álvarez, crea “un complemento máis para os espazos de lecer á vez que se saca a cultura á rúa”.

Artigos relacionados

Back to top button