CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O instituto de Viana do Bolo cumpre 50 anos

Publicidade
Estase a preparar unha festa para celebrar este aniversario na que se pretende reunir ao maior número posible de antigos alumnos e profesores do centro

O curso 1966/67 era o primeiro que se impartía no daquela Colexio Libre Adoptado Santo Tomás de Aquino de Viana do Bolo. Dende entón ata hoxe foron multitude os alumnos que pasaron e se formaron nas aulas e tamén os profesores que deron clases neste centro hoxe chamado IES Carlos Casares.

Con motivo da celebración do 50 aniversario deste centro instituto estase a promover unha celebración na que se pretente xuntar ao maior número posible deses antigos alumnos e profesores. Está prevista para o vindeiro 26 de agosto e comezará ás nove da noite na piscina de Viana cun buffet, cuxa entrada terá un prezo de 15 euros e poderá mercarse nos bares de vila.

Despois, ao redor das once da noite, os participantes desprazaranse ata a praza Maior. Alí o ambiente festivo continuará cun guateque con música de épocas pasadas aberto a toda a vila e que será patrocinado polos bares da praza (Caracas, Lucía, Viana 76, Gran Bazar, Chiricahua) e por Muriasprint.

 

Cartel deste evento para festexar os 50 anos do IES de Viana.

 

“Esperamos reunir a unhas 300 persoas. Creamos unha páxina de facebook na que estamos poñendo en contacto a antigos compañeiros de instituto que había anos que non falaban entre eles. Queremos convidar a todos os ex alumnos e profesores do centro a que veñan á festa. Esperamos que sexa unha noite de reencontros”, explica Cristina Fernández, que xunto con Emilia Somoza, de quen partía a iniciativa do aniversario, están preparando os actos.

Fotos cedidas pola organización do 50 aniversario.

Máis información:
https://www.facebook.com/groups/1060049494042581/

Artigos relacionados

Back to top button