EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Irosa e Samaca agradecen o apoio dos axentes socioeconómicos de Valdeorras

Vista das parcelas onde están as naves afectadas.

 

As empresas louseiras valdeorresas Irosa e Samaca veñen de emitir un comunicado para expresar o seu agradecemento “aos principais axentes socioeconómicos e políticos da comarca que, durante os últimos días, manifestaron -en público e en privado-o seu apoio, unha vez coñeceuse a resolución xudicial que obrigaría a desaloxar os terreos nos que se asintan en beneficio da Xunta de Montes de Portela e Trigal”.

Pero, sobre todo, dan as grazas “aos numerosos cidadáns da comarca que lles transmitiron o seu respaldo e ánimo ante a inxusta situación que atravesaron recentemente. Unha vez recibida a notificación da Xunta pola que se comunica a ocupación do terreos obxecto de expropiación, o que permitirá manter a actividade na zona e os postos de traballo, Irosa e Samaca consideran que se recuperou a tranquilidade por parte dos traballadores que poderían verse afectados no caso de que prosperase a resolución xudicial”, din as empresas.

Así mesmo, lamentan “a tensión que este episodio puidese ocasionar ao persoal e ás súas familias”, din dende Irosa e Samaca, que critican ademais a xestión deste asunto dende a dirección da comunidade de montes.

Artigos relacionados

Back to top button