EconomíaEconomíaÚltima hora

Itinerarios Integrados contra a despoboación do CDR Portas Abertas

 

O CDR Portas Abertas continúa o programa “Itinerarios integrados para loitar contra o despoaboamento rural”, que iniciaba en abril un novo proxecto o que actualmente participan 17 persoas. Recentemente rematou a formación “Camareiro/a de cafetería e restaurante” que seguían 14 persoas. Nesta formación desenvolveron competencias técnicas para o servizo en barra, cafetería e restaurante. Proximamente parte das persoas participantes realizarán un curso de Informática para o ámbito laboral no que desenvolver os coñecementos de uso da tecnoloxía que actualmente son imprescindibles en practicamente calquera sector laboral como traballo na nube, ofimática e redes sociais profesionais.

“Todas as persoas que participan nos itinerarios reciben orientación e asesoramento individualizado e acompañamento no seu proceso. Trátase de persoas que viven ou que queren vivir no medio rural. O obxectivo xeral fomentar a inclusión das persoas que vivan ou queiran ir vivir ao medio rural. Transversalmente búscase fixar a poboación no ámbito rural e fomentar o asentamento de novos poboadores”, segundo informa o CDR. O programa comezou en febreiro de 2020 e é o décimo proxecto que se leva a cabo.

 

 

No itinerario anterior realizado entre xaneiro e abril atendeuse a 21 persoas, 13 realizaron a acción formativa “Poda da vide e traballos en bodega” e 11 persoas sairon do itinerario traballando.

O CDR Portas Abertas leva a cabo os Itinerarios Integrados contra a despoboación a través de Coceder e dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).

Artigos relacionados

Back to top button