ConcellosÚltima hora

IV Festa da Familia na residencia de maiores do Bolo o 30 de xullo

Actuación durante unha edición anterior desta Festa da Familia./ Foto: Ares Pérez.

Con multitude de propostas celebrarase o vindeiro martes 30 de xullo a IV Festa da Famila na residencia de maiores do Bolo. “Faremos unha obra de teatro , cancións, baile, pezas tradicionais, actuacións musicais…”, adiantan dende a organización, na que se implican diferentes persoas e agrupacións como é o caso do Club Patatero de O Bolo, Abertal, “a charanga e os amigos de Solveira de Viana”.

A celebración comezará a partires das 16h. cunha canción a cargo de Alba, Alicia, Julia e Sara; despois recitarase un poema do artista bolés Yosso, de Valbuxán, seguirá baile contemporáneo, un concurso de de baile e cancións populares galegas.

Despois das actuacións, a Fundación San Rosendo convidará aos asistentes a unha merenda na que a sorpresa darana dous cortadores de xamon profesionais.

 

Artigos relacionados

Back to top button