DeportesÚltima hora

A IX Andaina Solidaria de Cenlle celebrarase o 11 de marzo

Os participantes, que nos últimos anos viñan rodando o milleiro, poderán escoller entre un percorrido curto de 11 km e un longo de 20 km
Acto de presentación da andaina en Ourense.

A partires das nove e media da mañá do vindeiro domingo 11 de marzo darase a saída da IX edición da Andaina Solidaria do Concello de Cenlle “Xuntos coas enfermidades neurodexenerativas”. O seu punto de partida, e tamén meta, será o colexio desta localidade ourensá. “Este ano a causa solidaria será a favor de Aodem (Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Ela, Parkinson e outras enfermedades neurodexenerativas), aportando cada participante 2 de cada 5 euros da inscrición a dita asociación”, segundo se indica dende a organización.

A andaina ofrecerá dous percorridos: un curto de 11 km e un longo de 20 km. A día de hoxe xa hai 300 inscritos, “o que nos fai estimar unha participación similar a dos últimos anos, rondando os 1.000 participantes”, indican os promotores. Haberá avituallamientos durante o percorrido e no final da proba, ademais os mais cativos poderán facer un percorrido máis curto con monitores e actividades lúdicas e infantís.

Dende a organización tamén se destaca “a colaboración de Cruz Vermella e de Protección Civil da Mancomunidade do Ribeiro para o control da proba, así como dos 30 voluntarios/veciños do concello e dos 25 patrocinadores que colaboran”.

O acto de presentación desta iniciativa deportiva tiña lugar na mañá do 5 de marzo en Ourense coa asistencia de Gabriel Allén Castro, alcalde de Cenlle, e de Susana Fernández, presidenta de Aodem.

Artigos relacionados

Back to top button