CulturaCulturaÚltima hora

Javier Larrauri anima a ver o seu documental “Testigos de un tiempo maldito” este venres na Rúa

É unha das actividades programadas para o 2º Orgullo Valdeorrés

 

A Rúa será mañá, venres 28 de xuño, o escenario dos actos do 2º Orgullo Valdeorrés. Ás 12 horas lerase o manifesto na praza do Concello da Rúa e ás 22:30 horas, proxectarase o documental Testigos de un tiempo maldito de Javier Larrauri no Centro Cultural Avenida. Estaba prevista para as 20 horas pero un problema loxístico no cine obrigaba a retrasala.

O documental trata sobre a represión exercida polo réxime franquista cara o colectivo LGTB e o propio director convida, a través deste vídeo, a asistir á proxección.

Vídeo de Javier Larrauri convidando a asistir á proxección do seu documental: https://youtube.com/shorts/nvIcVSGKaYI?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button