ConcellosO BarcoÚltima hora

Javier Rocha toma posesión como novo concelleiro do BNG no Barco

Substitúe a Suso Vilasánchez, que renunciaba ao cargo en marzo

 

Na sesión plenaria deste mes de xuño no Barco, celebrada este xoves, tomaba posesión como concelleiro do BNG na Corporación barquense Javier Rocha Rivera, que ocupa así o escano que quedara baleiro tras a renuncia de Suso Vilasánchez. Rocha prometía o seu cargo “por imperativo legal” e comprometéndose a “defender os dereitos e intereses da veciñanza do Barco e do pobo galego”.

E, neste mesmo pleno no que se estreaba como edil, interviña no punto de rogos e preguntas plantexando a informatización da xestión das escolas deportivas municipais e pedindo que se desbroce O Salgueiral pola cantidade de maleza que presenta.

A Corporación barquense conta cun total de 17 concelleiros: 9 socialistas, 5 do PP e 3 do BNG.

Back to top button