DeportesFútbolÚltima hora

Jesús Álvarez Domínguez será o primeiro adestrador da historia do Club Deportivo Córgomo Vilamartín

Publicidade
Jesús Álvarez con membros da directiva do CD Córgomo Vilamartín. /Foto: Torfy.

 

Quedan pouco máis de dúas semanas para que o CD Córgomo Vilamartín, o novo proxecto deportivo que se porá en marcha en Valdeorras na tempada 2022/2023, se presente oficialmente en casa, no marco das festas de Santa Marta de Córgomo. E mentres chega ese momento dende a directiva seguen traballando para que esté todo a punto.

Amais de seguir anunciando a través das redes os numerosos colaboradores cos que contarán nesta aventura, e de poñer en marcha a campaña de socios, van dando pistas sobre os profesionais que formarán parte do club. O primeiro e peza fundamental é a figura do míster, anunciando orgullosos que Jesús Álvarez Domínguez convértese “no primeiro adestrador da historia do Club Deportivo Córgomo Vilamartín”.

 

Jesús Álvarez Domínguez, primeiro adestrador da historia do CD Córgomo Vilamartín./ Foto: Torfy.

 

Natural de San Pedro de Trones aínda que vive en Ponferrada, Jesús foi un gran xogador de fútbol que formou parte dos planteis do CD Barco e do primeiro equipo da Ponferradina, ademais do seu pasado en clubs coma o CD Puente ou o CD Cuatrovientos, e sentarase no banquiño verdiblanco “durante, alomenos, unha tempada”, din dende a directiva do novo club valdeorrés, recoñecendo que levaban meses negociando con él. “Gustoulle o proxecto desde o primeiro momento (xa visitou as instalacións hai tempo) e malia que tiña outras opcións decidiu vir para aquí”, aseguran contentos.

A maiores da súa experiencia depoertiva e xuventude, de Jesús destacan a súa sinceridade. “Como persoa é moi amable e educado pero tamén directo”, recoñecen dende a directiva agradecéndolle a súa confianza no proxecto e desexándolle “a maior das sortes”.

Artigos relacionados

Back to top button