Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

Jesús María Martín: “A nosa candidatura ten ganas de construír un proxecto a prol da veciñanza de Larouco”

O candidato socialista á alcaldía deste municipio presentaba esta tarde o seu proxecto e ao seu equipo nun mitin

 

O PSdeG-PSOE aposta en Larouco por un goberno municipal que “escoite á veciñanza, resolva os seus problemas cotiás e trate de facer máis fácil a súa vida diaria”, tal e como dicía o cabeza de lista da candidatura coa que esta formación concorre ás eleccións municipais do 28 de maio, Jesús María Martín Arias, no mitin celebrado esta tarde nas antigas escolas. Na súa intervención presentaba o seu programa electoral, estando acompañado neste acto pola deputada no Congreso, Uxía Tizón; o senador, Miguel Bautista; e o deputado no Parlamento de Galicia, Eduardo Ojea.

O candidato socialista á alcaldía aseguraba que  “nós apostamos por un concello no que se teña en conta a todos, no que non falte unha correcta atención aos maiores e no que se aposte polo transporte público, a mocidade e por potenciar os nosos recursos”.

 

 

Martín Arias tamén puxo de manifesto que dende o PSdeG-PSOE “loitaremos por un concello que non esqueza a súa riqueza e patrimonio ambiental, nin tampouco a cultura vitivinícola”, tamén manifestaba a súa aposta “pola mellora e evolución dos núcleos de poboación, escoitando a veciñanza no seu día a día para poder dicir que o noso concello existe”. Por último, o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Larouco presentou o seu equipo, que “ten ganas de construír un proxecto a prol da veciñanza, con ganas de axudar e compartir”.

 

 

O deputado no Parlamento de Galicia, Eduardo Ojea, apuntou que “Larouco necesita que outra xente con máis ilusión, que coñeza os problemas de Larouco, traballadores, humildes, que crean naquilo que defenden e a única solución é Jesús e o seu equipo”.

A deputada no Congreso, Uxía Tizón Vázquez, aproveitou a súa intervención para poñer de manifesto o “intenso sentimento socialista para cambiar e mellorar as cousas” do candidato ao que lles augurou uns grandes éxitos o 28 de maio porque “nas vilas estamos fartos daqueles que unicamente van rápido para o que lles interesa… pero moi lento para mellorar os nosos pobos, o noso rural”.

 

 

O senador, Miguel Bautista Carballo, afirmou que “este 28 de maio imos encher as urnas de razóns para darlle a Larouco e a súa veciñanza o futuro que realmente merecen e que non teñen por mor do desleixo e a parálise dos gobernos do Partido Popular”. O petinés tamén subliñou que os socialistas “levamos moitos anos loitando por esta comarca, porque non se desmantelen os servizos sanitarios, porque teñamos unha rede de estradas dignas, porque rematen co abandono que sofre Valdeorras da man dun Partido Popular que nin está nin se lle espera”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button