DeportesOurenseÚltima hora

Jesús Rodríguez e Bernardo Sánchez, subcampións en K-2 sénior no Descenso do Miño de Ourense

O Club Fluvial Barco conseguía ademais a vitoria en K-1 veterano da man de José Antonio Girón
Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez, noutra competición./ Foto: A.R.

Entre os preto de 500 padexeiros que tomaban a saída no Descenso do Miño de Ourense, que vén de cumprir neste 23 de xuño as súas vodas de ouro, había unha ducia de piragüistas do Club Fluvial Barco que saldaba ademais a súa participación con varios podios.

Así o K-2 sénior de Jesús Rodríguez León e de Bernardo Sánchez Ouro facíase co subcampionato na cita ao entrar segundo cun tempo de 1:0:39,44 e a unha moi escasa diferenza dos ganadores, Breixo Buján e Brais Sánchez do Club Piragüismo Vilaboa (1:0:38,49).

Podio tamén no Miño para outro padexeiro do Fluvial Barco, José Antonio Girón, que vencía en K-1 veteranos ao completar os 17 km da cita en 1:03:30. Nesta mesma categoría os seus compañeiros no club Roberto González era sexto e Roberto Núñez noveno.

Nesta proba do Campionato galego de Ríos e Travesías, cun traxecto dende Os Peares ata Velle, competían uns 38 equipos, cun total de 387 embarcacións para 497 deportistas, segundo os datos da organización.

Artigos relacionados

Back to top button