ConcellosQuirogaÚltima hora

José Luis Rivera (IPQ) é o novo alcalde de Quiroga

Resultaba elixido cos votos dos seus concelleiros e dos dos edís socialistas e do BNG

 

Comeza a nova lexislatura 2023/2027 en Quiroga con renovación da súa Corporación e tamén cunha nova persoa á fronte da alcaldía. No mediodía deste 17 de xuño celebrábase no salón de plenos do Concello a sesión constitutiva da nova Corporación local, na que resultaba investido como rexedor municipal José Luis Rivera Castro de Independentes por Quiroga (IPQ), cos votos a favor do PSdeG- PSOE e do BNG.

 

Así, a nova Corporación queda formada por 11 concelleiros: 3 de IPQ, 2 do partido socialista, 1 do BNG e 5 do PP. Para elixiar ao novo alcalde só se presentaban dúas candidaturas; a do cabeza de lista de Independientes por Quiroga e a do Partido Popular, posto que os outros dous cabezas de lista que poderían optar, renunciaron a presentarse. O resultado era de 6 votos para o cabeza de lista de IPQ e 5 para o do PP.

Sería o secretario do concello o que lle faría entrega do simbólico bastón de mando ao novo alcalde posto que o rexedor saínte, Julio Álvarez, non acudía á sesión por motivos familiares como quedou constancia nunha carta que se leu no transcurso da sesión plenaria de investidura. Na carta Julio Álvarez felicitaba ao novo alcalde a toda a corporación á vez que lles brindaba o seu apoio.

Artigos relacionados

Back to top button