En portadaÚltima horaVídeos

Joseba Iraola lidera a primeira xornada da V Subida a Valdeorras

O piloto vasco impoñíae por 3,7 segundos ao galego Jacobo Senín, ambos con senllas barquetas Norma NP01

Iraola nun dos momentos da competición.

 

Calor e espectáculo na primeira xornada da V Subida a Valdeorras, proba puntuable para o Campionato de España de Montaña que se desenvolve está fin de semana no Barco. Na primeira xornada da competición había cinco diferentes mangas de adestramento que deron paso á carreira oficial do día. Nela, e despois de ir mellorando aos poucos os seus cronos nos ascensos en que competiu, o polito vasco Joseba Iraola foi o máis rápido, marcando un crono de 2:22:003 que supón, polo de agora, o récord deste trazado barquense.

 

 

Na segunda praza sitúase Jacobo Senín, que mellorou os tempos nos entrenos, pero non puido impedir verse superado por Iraola na xeral e na Categoría 2. Terceiro da xeral scratch situou a súa BRC B59 o asturiano Javi Villa que ao mesmo tempo é líder da Categoría 3. Na Categoría 1, a dos turismos, é o catalán Jordi Gaig o máis rápido cun espectacular Porsche 911 GT3 R.

 

 

O apartado autonómico, denominado Trofeo Concello do Barco, ten como líder provisional ao ourensán Abrahán Vázquez coa súa Fórmula Dicode, e na segunda posición ao primeiro vehículo carrozado, o Porsche 911 GT3 do vigués Jorge Pérez.

Mañá domingo celébrase a segunda xornada de competición. Constará dunha manga de adestramento ás 10:00h que dará paso a dúas carreiras oficiais no trazado que une Viloira con Santigoso.

Foto e vídeos: Carlos G. Hervella.

Galería de fotos en: https://osil.info/a-primeira-xornada-da-v-subida-a-valdeorras-en-imaxes/

 

Artigos relacionados

Back to top button