AutomobilismoDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Joseba Iraola imponse na V Subida a Valdeorras

Javi Villa dominaba coa súa BRC B59 na Categoría 3 e Jordi Gaig o Porsche 911 na Categoría 1

O pilto Joseba Irola, tras rematar a V Subida a Valdeorras./ Foto: A.R.

 

A V Subida a Valdeorras, proba puntuable para o Campionato de España de Montaña, culminaba este domingo no Barco con récord incluído (2:21:318) que viña da man do piloto vasco, Joseba Iraola. Coroábase como rei da montaña nunha proba nacional, levándose de Galicia un triunfo por diante dun Jacobo Senín que non lograba alcanzar nas tres carreiras da cita ao seu máis directo rival. Ao cabo os dous pilotos das barquetas Nova NP01 -e Categoría 2- ofrecían un gran espectáculo ao público presente.

 

 

En terceira posición final quedaba Javi Villa coa súa BRC B59, nunha axustada clasificación co seu rival Benito Pérez (BRC B49) , que remataba cuarto, mentres Aitor Manso era quinto con outro BRC B49, sendo os tres o podium da Categoría 3.

Na Categoría 1, os vehículos carrozados, o espectacular Porsche 911 GT3R de Jordi Gai lograba a vitoria impoñéndose ao poderoso Ford Fiesta de Gerard de la Casa, sendo terceiro o mozo Ismael Rico cun Seat Ibiza.

 

 

Trofeo Concello do Barco

No apartado de autonómicos foi Abraham Vázquez o vencedor, co seu habitual Fórmula Dicode, por diante do Porsche 911 GT3 de Jorge Pérez que lograba así a vitoria na categoría de carrozados. A terceira praza final foi para o piloto veigués Félix Macíaas cun Skoda Fabia R5.

 

 

A V Subida a Valdeorras destacaba por unha importante presenza de afeccionados malia á forte calor vivida, ofrecendo unha fin de semana de automobilismo de máximo nivel á afección valdeorresa e galega.

Fotos: A.R./ Vídeos: Carlos G. Hervella.

Galería de fotos da xornada do domingo na Subida a Valdeorras

https://osil.info/a-xornada-do-domingo-na-v-subida-a-valdeorras-en-imaxes/

Iraola reina nunha V Subida a Valdeorras tamén con podio veigués

 

 

Artigos relacionados

Back to top button