ConcellosÚltima hora

Larouco acondiciona a rúa da Capela na parroquia de Freixido

Para esta intervención, realizada a través dun convenio entre o Concello e a Xunta, o goberno galego achegou 60.000 euros
O alcalde de Larouco, Joaquín Bautista (no centro), xunto á delegada provincial da Xunta e á a xefa territorial de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez.

Ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e o Concello de Larouco a primeiros de ano, veñen de executarse obras de acondicionamento da rúa da Capela na parroquia de Freixido. Para esta intervención, o Goberno galego achegou 60.000 euros.

Para a mellora desta vía, que se atopaba moi deteriorada e con abundantes fochancas, foi necesaria a demolición e reposición do pavimento de formigón e a reparación das deficiencias detectadas no sistema de pluviais e de abastecemento, que evitará que se formen bolsas de auga.

As actuacións realizadas supuxero, segundo informa a Consellería de Infraestruturas, o levantamento do firme de formigón e a pavimentación coa colocación da zahorra artificial. No caso do sistema de pluviais, colocouse un canal de formigón para desaugue e reixa de fundición con marco angular galvanizado, ademais de lineais de tubaría de polietileno.

As actuacións realizadas supuxeron o levantamento do firme de formigón e a pavimentación coa colocación da zahorra artificial. No caso do sistema de pluviais, colocouse un canal de formigón para desaugue e reixa de fundición con marco angular galvanizado, ademais de lineais de tubaría de polietileno.

O alcalde de Larouco, Joaquín Bautista, acompañaba á delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, que xunto á xefa territorial de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez, supervisaba os traballos de reforma desta vía.

Artigos relacionados

Back to top button