CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Leilía e Uxía&Ruibal, nos concertos do “Xacobeo no Interior” en Monterrei

Actuarán o 4 de agosto a partir das 20h na explanada de subida ao Castelo

Publicidade

 

A Monterrei chegará o vindeiro 4 de agosto o ciclo de concertos “Xacobeo no Interior”. Farao da man de Uxía&Ruibal e Leilía. As actuacións comezarán ás 20h. na esplanadada da subida ao castelo. O Ciclo Xacobeo no Interior é unha aposta pola música en galego e decalidade, pensada para achegar a mellor música galega á veciñanza e camiñantes no interior de Lugo e Ourense, apoiando a promoción dos propios entornos rurais atravesados polo Camiño para “non centralizar os concertos xacobeos en Santiago de Compostela”, tal como destacou a directora de Turismo, Nava Castro.

Esta programación está dentro dos concertosdoxacobeo.gal e conta co apoio de Xacobeo21-22-Xunta de Galicia. Toda unha aposta pola música en galego e de calidade que mestura diferentes estilosque viaxan dende o pop ata a tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.

 

 

Leilía

O grupo Leilía nace no ano 1989 cando seis mulleres se xuntan para recuperar doesquecemento a tradición oral galega. Ao son de pandeiretas e voces, pronto van agromando os froitos e hoxe son un dos grupos de referencia no mundo do folk galego. Este ano presentan o seu novo traballo, “Vidas Cantadas”, no que retoman vellas cancións do seu repertorio para facelas súas de novo.

Uxía e Ruibal

A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen as súasforzas e talentos para crear un novo proxecto: “De tu casa a la mía”. Ambos proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración.

Artigos relacionados

Back to top button