CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Lembranza aos falecidos e presentación da camiseta do 50 aniversario do CD Barco, antesala da xuntanza de ex xogadores

Será esta tarde, ás 20 horas, antes da última novena do Cristo, na igrexa de San Mauro

Pancarta anunciando a xuntanza de ex-xogadores do CD Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro sábado 23 de setembro e con motivo do 50 aniversario do CD Barco, os xogadores que ao longo deste medio século pasaron polo club, nas súas diferentes categorías, participarán nunha xornada festiva moi especial promovida por antigos xogadores do club cun completo programa, que se despregará ao longo de todo o día e que incluirá xuntanza e petiscada no campo de futbol de Calabagueiros, visita á exposición de copas e trofeos, un xantar no pavillón vello e fin de festa na terraza do Veira Sil.

Máis hoxe, 13 de setembro, víspera do Cristo e como antesala dese encontro de antigos xogadores, está previsto un recordatorio ás persoas vinculadas ao club falecidas. Será ás 20h. coincidindo co último día da novena cunha ofrenda floral ao Nazareno e tamén a presentación da camiseta do 50 aniversario, nun acto que contará coa presenza dos xogadores, equipo técnico e directiva.

Máis información nos seguintes enlaces: https://osil.info/os-ex-xogadores-do-cd-barco-celebraran-os-50-anos-do-club-o-23-de-setembro-cun-completo-programa/

https://osil.info/o-cd-barco-presentara-a-camiseta-do-50-aniversario-na-ultima-novena-do-cristo-o-13-de-setembro-na-igrexa-de-san-mauro/

 

Artigos relacionados

Back to top button