En portadaÚltima hora

O CD Barco presentará a camiseta do 50 aniversario na última novena do Cristo, o 13 de setembro na igrexa de San Mauro

 

 

A venda de camisetas do 50 aniversario do CD Barco está sendo todo un éxito. “É unha loucura” di o presidente do club, Nilo Ramos, asegurando que a vez que máis venderon foron 700 hai xa anos e nesta ocasión levan xa case 900 “e aínda non sacamos a segunda equipación”.

Trátase dunha camiseta que está gustando moito co fondo do mapa da comarca de Valdeorras que vai desde a parte dianteira á traseira e o patrón do Barco, o Nazareno. Por iso decidían aproveitar o acto organizado polos veteranos para o vindeiro 13 de setembro, para presentala publicamente.

Será o mércores ás 20 horas na última novena do Cristo, na igrexa de San Mauro, e contará coa presenza dos xogadores, equipo técnico e directiva. Alí, o párroco Jesús Álvarez bendecirá a camiste e “aproveitando que é un gran forofo do fútbol, moi especialmente da Ponferradina, regalarémoslle unha para vestilo do Barco”, di Nilo, agradecendo a iniciativa dos veteranos do club de reunir a ex xogadores en torno a un gran programa e tamén do cura. “Son estupendos e isto demostra que o Centro de Deportes Barco é de todos. Dá gusto ver como se implica a poboación co club, especialmente nunha data tan especial”, destaca Nilo.

Artigos relacionados

Back to top button